NOVAS

 

Benvido a este espazo que o CEIP PADRE FEIJOO de Allariz pon á disposición da comunidade educativa co fin de mantela informada de todas aquelas novas que se produzan e sexan de interese, así como dos seus servizos e actividades.      

 






AVALIA

As familias do alumnado de 4º de Primaria poderán responder ao cuestionario de contexto específico no enlace que se achega. O prazo remata o 30 de abril de 2024. Moitas grazas pola súa colaboración.

 

ENQUISA AVALIA DE 4º DE PRIMARIA

 

 

 




ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO





Con motivo do Día do Libro e o programa de innovación educativa Escola Verde, as familias que así o desexen poderán recrear a portada dun libro empregando, na medida do posible, materais atopados na natureza. Deberán enviar ó correo das TICS ticspadrefeijoo@gmail.com dúas fotos en formato vertical, unha da recreación e outra da portada do libro escollido. Data límite de envío, o 19 de abril. Mostramos un exemplo:







 
 
 
     
 



 

 RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS

O colexio realizou, o día 21 de decembro, en colaboración con Protección Civil, unha recollida solidaria de alimentos. A entrega foi nos patios de Infantil e Primaria, coa entrada do alumnado pola mañá. Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración.
 


 

A curtametraxe “Sígueme" realizada polo alumnado que cursaba 3º de Primaria no curso 2022-2023 tivo un importante recoñecemento no Culturgal 2023. Trátase dunha curtametraxe de animación levada a cabo coa técnica do “stop motion” dentro do programa Nós Tamén Creamos. Esta curta foi presentada a varios festivais de cine quedando finalista no Olloboi e OUFF para ser finalmente gañadora no Festival das Culturas Galegas (Culturgal) celebrado en Ponteverda o día 3 de novembro. Evento ao que asistiu todo o alumnado que actualmente cursa 4º de Primaria. O premio foi entregado polo secretario xeral de Política Lingüística.

 


 

 
 
 

25n día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

 

O colexio celebrou con diferentes propostas e actividades o 25N “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”. Esta celebración ten como obxectivo principal educar ao noso alumnado para un mundo máis tolerante e libre de violencias machistas.

Este centro educativo ten un compromiso moi importante coa promoción da igualdade entre homes e mulleres. En consecuencia leva a cabo diferentes actividades e estratexias de sensibilización dirixidas ao alumnado que buscan previr condutas e actitudes que nun futuro podan estar relacionadas coa violencia de xénero. Entre estas actividades destacar a canción “Ja sei namorar” que o alumnado de 6º de primaria adicou ao alumnado de Infantil e Primaria.

Non conforme con este labor de prevención, o colexio tamén ten un importante papel de intervención inmediata cando sexa coñecedor de situacións nas que as nais e os seus fillos e fillas estean nunha situación de alto risco. 

 






HORARIOS DO CURSO 2023-2024

Entrada do alumnado de Educación Infantil: 9h10

Entrada do alumnado de Educación Primaria: 9h15

SAÍDA ALUMNADO NON COMENSAL

 

 

4º de INFANTIL

13h55

Todo o alumnado non comensal.

5º de INFANTIL

14h00

Todo o alumnado non comensal.

6º de INFANTIL

14h05

Todo o alumnado non comensal .

1º, 2º

14h10

Todo o alumnado non comensal .

3º, 4º, 5º e 6º PRIMARIA

14h15

Todo o alumnado non comensal.

SAÍDA ALUMNADO COMENSAL

 

 

INFANTIL

14h50

Alumnado comensal recollido polas familias ou bus municipal.

PRIMARIA

15h00

Alumnado comensal recollido polas familias ou bus municipal.

Alumnado de Infantil e Primaria usuario do bus da Consellería.

15h25

Todo o alumnado comensal de Infantil e Primaria usuario do transporte escolar da Consellería.

15h30 INICIO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE OUTUBRO A MAIO

Actividades Extraescolares: Durante o mes de setembro achegarase un impreso para solicitar as actividades extraescolares. O alumnado comensal que participe en ditas actividades será incorporado polo colexio ás mesmas sen necesidade de que acudan as familias. Estas actividades serán de outubro a maio.

 

 

AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR

As familias que solicitaron o comedor escolar para o curso 2023-2024 deben achegar ao colexio a seguinte folla de cálculo que permitirá determinar o seu custe ou gratuidade. O prazo remata o día 8 de setembro. A entrega pode realizarse das 9h00 ás 14h00 na Secretaría do centro ata o 14 de xullo, e das 10h00 ás 12h00, do 17 ao 31 de xullo. Igualmente pode achegarse escaneada ao correo colexioallariz@gmail.com. Pode descargar a autodeclarción no seguinte enlace. Moitas grazas pola súa colaboración.

Autodeclaración comedor 2023-24

 


AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL


AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DE 1º e 2º PRIMARIA

As familias poderán recoller no colexio, dende o xoves 29 de xuño e ata o 14 de xullo, os vales dos libros de texto e de axudas para material de 1º e 2º de Educación Primaria, das 9h00 ás 14h00.


AXUDAS PARA MATERIAL DE 3º, 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA

As familias poderán recoller no colexio, dende o xoves 29 de xuño e ata o 14 de xullo, os vales de axudas para material, das 9h00 ás 14h00.


BANCO DE LIBROS DE 3º, 4º, 5º e 6º

As familias terán información sobre o banco de libros de 3º, 4º , 5º e  6º o 4 de xullo.
 
Mañá, 4 de xullo,  estarán expostas no taboleiro INTERIOR do colexio as listas do banco de préstamo co número de libros asignados. Por instrucións da Consellería non haberá outra forma de publicación, agás os solicitantes por vía electrónica que poderán acceder ao seu expediente na aplicación fondolibros coa Chave 365 ou certificado dixital. As reclamacións poderán ser formuladas os días 5 e 6 de xullo. A lista definitiva coa relación dos libros por materia será publicada o venres 7. O horario para a consulta dos listados será das 9h00 ás 14h00, ata o 15 de xullo. Os libros asignados serán entregados ao alumnado en setembro.
 
 
 
REDISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO DE 1º, 3º e 5º de PRIMARIA 

A proposta de realizar cambios na distribución do alumnado responde a motivos educativos e pedagóxicos que buscan mellorar a súa socialización e o seu proceso de ensino-aprendizaxe. Trátase en consecuencia de cambiar a distribución do alumnado por clase dentro do mesmo nivel cando pasen de 6º de Infantil a 1º, de 2º a 3º e de 4º a 5º. Esta redistribución será realizada polo equipo docente que imparte nos niveis de 6º de Infantil,  2º e 4º Primaria, contando co asesoramento do Departamento de Orientación.






Redistribución do alumnado de 5º de Primaria

 


 


NÓS TAMÉN CREAMOS - 3º DE PRIMARIA


O alumnado de 3º curso de Primaria realizou a través do programa "Nós Tamén Creamos" do Plan Proxecta esta versión do conto de OQO "Sígueme". Nesta historia, o singular elefante Manchitas enamórase dunha formiguiña.



TORNEO DE FIN DE CURSO DE XADREZ


Informamos que o seu fillo/a poderá participar no Torneo de Xadrez de Fin de Curso (interno do colexio) , nas categorías sub8, sub10 e sub12, o próximo mércores, 31 de maio, das 15h30 ás 17h00. Este torneo terá lugar na biblioteca con partidas a 10 minutos máis 3" por participante en 5 roldas. Haberá trofeos e regalos. Esta actividade está promovida polo Club de Xadrez As Burgas, responsable da súa práctica no colexio dentro das extraescolares. Estará aberta a todo o alumnado sen custe. Inscrición gratuíta no correo colexioallariz@gmail.com.







PATIOS  IGUALITARIOS


Desde o curso pasado, e coa volta á normalidade trala pandemia, o alumnado dispuxo novamente dos patios de recreo sen ter que compartir espazos por grupos de convivencia estables. Aproveitando esta circunstancia retomouse o plan para facer os patios igualitarios. O seu obxectivo principal busca que este tempo de lecer non se desenvolva á marxe do proceso pedagóxico xa que o alumnado tamén aprende e se socializa mentres xoga. Tradicionalmente o xogo  do fútbol viña a monopolizar os espazos dos patios de recreo, deixando escasas alternativas ao resto das nenas e nenos. 

Isto leva mudado significativamente no noso colexio onde a práctica do fútbol ten un espazo acoutado máis racional, á vez que debe coexistir con outras alternativas como a pista de brilé, a pista de baloncesto, a pista de bádminton e a pista de voleibol. A maiores o alumnado dispón no patio dun taboleiro para debuxo libre, do equipamento necesario para xogar ao tenis de mesa e desde o día 6 de febreiro disporá ademais dun rocódromo.



O luns 30 de xaneiro, o alumnado de Infantil e Primaria celebraron no pavillón de deportes, ás 11h30, o Día da Paz nun fermoso acto aberto ás familias. 





REDISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO DE 1º, 3º e 5º de PRIMARIA

A proposta de realizar cambios na distribución do alumnado responde a motivos educativos e pedagóxicos que buscan mellorar a súa socialización e o seu proceso de ensino-aprendizaxe. Trátase en consecuencia de cambiar a distribución do alumnado por clase dentro do mesmo nivel cando pasen de 6º de Infantil a 1º, de 2º a 3º e de 4º a 5º. Esta redistribución foi realizada polo equipo docente que imparte nos niveis de 6º de Infantil,  2º e 4º Primaria, contando co asesoramento do Departamento de Orientación.






 

AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR

As familias que solicitaron o comedor escolar para o curso 2022-2023 deben achegar ao colexio a seguinte folla de cálculo que permitirá determinar o seu custe ou gratuidade. O prazo remata o día 7 de setembro. A entrega pode realizarse das 9h00 ás 14h00 na Secretaría do centro. Pode descargar a autodeclarción no seguinte enlace:

AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR




PLANS DE MELLORA EDUCATIVA 2022-2023


No curso 2022/23 o profesorado do colexio Padre Feijoo levará a cabo varias experiencias educativas entre as que cabe salientar as seguintes:


1. PLAN DIXITAL


O Plan Dixital inscríbese dentro do Proxecto Educativo deste colexio e ten como obxectivo a competencia dixital, o tratamento da información e a integración das TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe. Dito plan  correspóndese cos principios de identidade do colexio e tamén cós seus obxectivos básicos. Así, nos princicipios de indentidade recóllese que o colexio promoverá a innovación educativa. Este plan ten como referencia o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente competentes (DigComOrg) que foi desenvolvido polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre).

As propostas de mellora para este curso foron dotar unha alta porcentaxe de aulas con pantallas dixitais e/ou interactivas a través das cales se poda traballar non so de maneira visual senón tamén manipulativa as aprendizaxes.  Tamén se fixo a proposta de crear un espazo creativo (maker) a través do cal traballar os contidos do currículo dunha maneira totalmente dinámica, motivadora, manipulativa e innovadora. Por último está iniciativa de crear dunha Radio Escolar así como a creación dun estudo de grabación co que desenvolver moitas actividades interdisciplinares para ambas etapas educativas (infantil e primaria).




2. POLOS CREATIVOS




Para o presente curso foi solicitado e concedido un dos Polos Creativos. Este equipamento circunscríbese dentro da Estratexia de Galicia Dixital 2030 e a Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia. Trátase de que o colexio dispoña dun espazo propio no que poder traballar a intelixencia artificial,  o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras. Está prevista a súa ubicación na aula de informática.

 

Os Polos Creativos son unhas tecnoloxías innovadoras que favorecen novos estilos de aprendizaxe do alumnado. Coa implementación deste proxecto, baseado nos principios da robótica, modelado en 3D, impresión 3D e gravacións audiovisuais, entre outros, pretendemos darlle un novo enfoque á práctica educativa dende o punto de vista didáctico, metodolóxico, curricular e organizativo; é dicir, con este proxecto pretendemos promover a adquisición de competencias dixitais enfocadas ás áreas STEM.

O noso obxectivo principal con este proxecto é fomentar os coñecementos tecnolóxicos en toda a comunidade educativa, posto que é clave nun mundo cada vez máis dixitalizado. Polo tanto, consideramos que os polos creativos serán un elemento esencial para o proceso de ensinanza e aprendizaxe, convertendo así o noso centro educativo nun centro competente no tocante á competencia dixital.


Co uso de robots e materiais en 3D, así como de todo tipo de material audiovisual, crearemos novos escenarios nas aulas, onde se afrontarán diversos contidos e competencias clave dun xeito innovador. Sabemos que para logralo precisamos potenciar a creatividade artística e visual, o traballo manipulativo, a aprendizaxe enfocada nas competencias clave e a aprendizaxe cooperativa, cuestións establecidas no currículo. Nas etapas de Educación Infantil e Primaria, a robótica e o material audiovisual resultan moi motivadores, polo que a curiosidade do alumnado levaraos a descubrir novas realidades mediante a experimentación.


Por outra banda, a impresión 3D permitirá un maior aproveitamento do proceso de ensinanzaaprendizaxe, interacción directa entre alumnado e mestres/as e unha visualización máis real dos elementos. Tendo en conta isto, esta técnica pode ser moi útil en todas as áreas, véxase nos seguintes exemplos:


-        Áreas científicas: crear partes da anatomía humana e animal, mapas, capas da Terra.

-        Área de Educación Física: elaborar trofeos e medallas para as diversas competicións.

-        Área de Música: creación de instrumentos e impresión de notas musicais.

-        Área de Matemáticas: escalas (para aprender as proporcións), corpos xeométricos e figuras planas,medidas de capacidade, masa e volume.

-        Área de  Plástica: diversos elementos como árbores, copos de neve, maquetas...

-        Área lingüística: letras para creación de xogos, obxectos para creación de historias.


Polo tanto, levando a cabo este proxecto, consideramos que potenciaremos as intelixencias múltiples e as competencias dixitais, utilizando un enfoque colaborativo, inclusivo e interdisciplinario e partindo sempre dos intereses e experiencias próximas do noso alumnado. A maiores, un aspecto no que debemos facer fincapé e que reforzará aínda máis a importancia dunha transformación educativa, é o Deseño Universal.





3. PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO


Coa participación nestes programas o que se busca é acadar o éxito educativo por medio da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa. Esta en concordancia cos obxectivos de educación de calidade e igualdade de xénero da Axenda 2030.

En relación á Convivencia  e á liña do exposto  a través dos Centros Quérote+ "os centros de ensino son un dos espazos de socialización por excelencia para mozos e mozas onde adquirir coñecementos e ferramentas para desenvolverse e medrar dun xeito o máis satisfactoria posible. Non cabe dúbida que son un lugar onde se relacionan entre iguais, onde poden xurdir conflitos e dificultades... nos centros de ensino establécense vínculos co grupo de iguais, compártense experiencias e momentos significativos no proceso de construción persoal. Como espazo de convivencia que son, tamén xorden conflitos e, ás veces estes poden levar a que os rapaces/rapazas se sintan feridos e agredidos por conductas e problemas cos seus compañeiros e compañeiras". Así mesmo, e á liña do recollido na Exposición dos Motivos da Lei 4/2011, do 30 de Xuño, de convivencia  e participación da comunidade educativa  "A convivencia nos centros docentes constitúe en todas as sociedades desenvolvidas un motivo de preocupación crecente, que non se circunscribe unicamente ao problema que supón o mantemento da disciplina nas aulas , senón tamén ás relacións entre o propio alumnado, o que levou a tomar conciencia da gravidade que revisten fenómenos como o acoso escolar".

Por estes motivos, consideramos relevante comezar a intervir dende a escola nunha clara liña de prevención de conductas violentas ou discriminatorias, xestión de conflitos e mellora da intelixencia emocional.

Gardando relación coa Convivencia, dende o apartado de Igualdade e coa finalidade de desenvolver na escola os valores que fomenten a igualdade efectiva entre homes e mulleres así como a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e a prevención e tratamento da LGTBIfobia, consideramos importante implementar medidas na liña da "Socialización Preventiva da Violencia de Xénero" (Idealove&Nam).

Así mesmo, tendo en conta as seguintes afirmacións  recollidas por  Jesús C. Guillén en dous artigos publicados na web de Escuela con Cerebro baixo os títulos "Educacion Emocional" e "Atención na aula: da curiosidade ao coñecemento":

1) "Sabemos que o estrés afecta ao aprendizaxe. Un certo nivel de éstres é beneficioso porque evita o aburrimento e a compracencia pero para que a aprendizaxe sexa ótima o nivel de estrés non pode ser excesivo porque pode provocar ansiedade ou agotamento (lei de Yerques e Dodson).

2)"Cando as emocións positivas nos impregnan de enerxía positiva podemos concentrarnos mellor e empatizar máis, ser máis creativos e manter o interese polas tarefas" (Davidson, 2012.) 

3) "A educación emocional é un proceso educativo que pretende potenciar o desenvolvemento das competencias emocionais como elemento do desenvolvemento integral da persoa, como obxectivo para capacitala para a vida. .

4) "Demostrouse que o mindfulness mellora a actividade de circuitos da corteza prefontal que son fundamentais para manter a atención centrándoa nun novo obxectivo específico

Pretendemos desenvolver accións para a mellora da competencia socioemocional que, á liña do recollido na resolución do 09 de xuño de 2022 complementen ás liñas CONVIVE-T, IGUÁLA-T, e INCLÚE-T que permitan "acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa".


3.1. PROGRAMA   INCLÚE - T

As accións a levar acabo serán as seguintes:

1.Difusión entre o profesora do centro de ¿Proceso de cribado Universal¿.

2.Elaboración dunha ferramenta de Avaliación baseada no currículo dentro do modelo de resposta á intervención.

3.Elaboración a nivel de centro dun Protocolo de detección temperá de detección de Necesidades Específicas de Lectura, escritura e cálculo na liña do establecido nos Modelo de resposta á intervención.

4.Implementación, a nivel piloto, en 3º de primaria da identificación temperá dentro do proceso de cribado universal.


3.2. PROGRAMA   IGUALA - T 

Dentro dos Contrato-Programas da Consellería un curso máis solicítase este programa que trata de levar a cabo accións que fomenten a coeducación, a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, prevención e tratamento da violencia de xénero, promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual, prevención e tratamiento da LGBTIfobia e outras medidas semellantes.

As accións a levar acabo serán as seguintes:

1.Proxecto de Educación Sexual coas alumnas e alumnos de 6º Curso de Primaria: O Feito sexuado Humano, O suxeito sexuado/a e as implicacións, Diversidade, Intersexualidade. Educación afectiva-sexual, Formas de Vida San. Maltrato, Bullying, Abuso, Acoso...

2.Programa de Habilidades Sociais a través da estratexia de Aprendizaxe Cooperativo (Traballo cooperativo CA/AC: Cooperar para Aprender/Aprender a Cooperar).

3.Creción durante o curso escolar dun Taller Feminista. Dotación ao centro de Bibliografía sobre Feminismo para alumnado, profesorado e familia.

4.Solicitude dentro do "Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas" de Conferencias e Actividades no centro en relación á "Violencia sobre a muller, discriminación por razón de sexo ou orientacións sexual..."

5.Participación na Mesa Local Contra a Violencia de Xénero e Constitución do Centro Escolar como "Centro Escolar contra a Violencia de Xénero".

 

 

3.3. PROGRAMA  convive-t

 

Tamén dentro dos Contrato-Programa da Consellería de Educación vai a realizarse o Programa Convive-t. Dito programa busca levar a cabo medidas que favorezan o clima escolar e as relacións entre os membros da comunidade educativa, actuacións preventivas de condutas violentas ou discriminatorias, actuacións de acollida nos centros educativos, a conciliación ou mediación escolar, a xestión de conflitos, e outras accións similares. Dentro deste programa desenvolverse a actividade A Mirada do Outro.

As accións a levar a cabo serán as seguintes:

1.Programa de Sensibilización e Prevención do Acoso Escolar "A Mirada do Outro":  Autoconcepto, Autoestima, Intelixencia Emocional, Educación en Valores, Habilidades Sociais. Violencia e Agresividade, Acoso escolar e Ciberacoso, Xestión de conflitos no ámbito escolar.

2.Programa de Habilidades Sociais a través da estratexias de Aprendizaxe Cooperativo.

3.Enquisa ao alumnado sobre "Vivencias de Acoso Escolar". Adaptación da Enquisa de Save The Children: Yo a eso no Juego. Bullying y Ciberbullying en la infancia. Difusión da "Guía de Prevención do Acoso Escolar do Centro".

4.Solicitude dentro do "Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas" de Conferencias e Actividades no centro en relación á "Consecuencias do acoso escolar en quenes o padecen", "Prevención de riscos de seguridade asociadas ás novas tecnoloxías".

5.Participación na Mesa Local contra as Violencias.

Actividades a realizar:

Eu coma ti: Trátase dun obradoiro vivencial que convida a a cada participante e tamén ao seu grupo a reflexionar sobre as diversidades entre iguais, a inclusió e a xustiza social. A través da imaxe, da palabra e do movimiento buscan as claves para os coidados e os bos tratos entre iguais. Estará orientado ao alumnado de 6º de Primaria.

A Mirada do Outro: Durante este curso terá lugar a posta en funcionamento en colaboración coa Asociación Aseia do Programa "A Mirada do Outro: programa de sensibilización e prevención do acoso escolar" . Este programa vai a desenvolverse durante varias sesións de dúas horas de duración a través de talleres co alumnado de 5º de primaria.


O acoso escolar é unha das máximas preocupacións deste centro educativo, entendendo este como calquera clase de acción, sexa física como psicolóxica, que supoña intimidacións entre escolares ou mesmo malos tratos, e que teña como característica unha repetición mantida no tempo. En consecuencia, dende o centro temos especial atención a:

a) Accións que supoñan intimidación ou malos tratos reiterados sobre un mesmo alumno/a.

b) Situacións entre alumnos/as que presenten desequilibrios de poder ou forza.

 

3.4. CONTRATOS PROGRAMA  PROA

Con este plan trátase de apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico, implicando ao grupo de clase nas actividades de reforzo, co fin de conseguir o máximo desenvolvemento emocional, intelectual e social do alumnado

Previamente á súa solicitude foi necesario realizar unha valoracón previa do alumnado que vai a precisar reforzo e axuda durante este curso. Unha vez detectado máis dun 30% de nenos e nenas en situación vulnerable, solicitouse a participación nos programas  PROA.

Os obxectivos a acadar co programa  PROA  son:

1.Incrementar as expectativas de éxito escolar dos alumnos.

2.Diminuir o efecto que provocan as desigualdades sociais, económicas e culturais.

3.Actuar de xeito preventivo para evitar que o alumno poda abandoar o sistema educativo no futuro.

4.Axudar a superar as dificultades xeradas nas áreas instrumentais básicas: lectura, escritura e cálculo.

5.Facer que o alumno adquira hábitos de traballo e técnicas de estudio.

Medidas a levar a cabo:

1.Concienciar ao alumno de que se pretende con esta medida.

2.Buscar a implicación activa das familias.

3.Levar a cabo, por parte da Titoría e Equipo de Ciclo, unha coordinación cos docentes responsables da aplicación do programa. Especial importancia terá proporcionarlles información sobre os aspectos a mellorar en cada alumno.

4.Reforzar os coñecementos que se están dando na súa clase.

5.Facilitar os espacios que se precisen: aula, biblioteca, sala de informática, patio, etc.


 

3.5. PLAN PROXECTA


O Plan Proxecta+ busca fomentar a innovación educativa por medio de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores e os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. Para conseguir estes obxectivos busca favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos cos que promover a realización de proxectos interdisciplinarios.

 

1. PLAN PROXECTA “Nós tamén creamos”

Creando desde o Arnoia  e a nosa aposta para participar no plan proxecta “Nós tamén creamos” .

O mundo dixital está cada día mais presente nas nosas vidas e a nosa obriga como mestres é capacitar as nenas
e nenos no mundo dixital. Unha maneira de facelo é a través do mundo
audiovisual e consideramos este proxecto como ideal para iniciarnos nos polos
creativos xa que engloba moitos aspectos importantes: lingua, matemática,
espazos, tempos, informática, etc. Traballar a lingua galega de maneira
diferente e motívante. Capacitar aos nenos na entoación e dramatización de
textos escritos. Introducir aos nenos no mundo audiovisual. Manexar de xeito
autónomo programas de stop-motion, grabación de sons, montaxes, etc. Traballar
a motricidade fina a través da montaxe de personaxes para as curtas.A partir dun libro crearemos una

curta de animación entre todos.


2. PLAN PROXECTA “Pasaporte solidario”

Desde o CEIP Padre Feijóo levamos anos tentando inculcar as crianzas a importancia de coidar os demais e o planeta.Este programa parécenos o proxecto axeitado para englobar todas as actividades que levamos a cabo durante

o curso.Con elas pretendemos:

  • Desenvolver as capacidades das crianzas para para localizar persoas vulnerables no entorno.

  • Desenvolver as capacidades das crianzas para responder a problemas que se lle presenten.
  • Iniciar as crianzas nas actividades solidarias e de voluntariado.
  • Intercambiar accións solidarias con outros centros educativos.
  • Promocionar as nosas accións solidarias a través das redes sociais para que chegue a mensaxe a  comunidade educativa.

As actividades propostas estarán organízanas en distintas estación polas que as crianzas ó longo da etapa escolar van ir pasando e así poder ir conseguido insignias no seu pasaporte solidario. Polo que en cada etapa escolar escolleremos as actividades mais axeitadas para eles así como outras que serán grupais. Algunhas delas son as seguintes:

Aprender lingua de signos, para continuar eliminando barreiras e integrando ás persoas con diversidade funcional queremos facer un achegamento ao alumnado a linguaxe de signos, aprender o abecedario, algunha palabra e incluso poñernos o noso “nome”

Visita centro de maiores: Levamos dous anos facendo videochamadas co centro de maiores da vila nas que intercambiamos experiencias, cantigas, xogos… e cando o tempo o permite e a saúde tamén os imos a visitar. Queremos continuar con esta actividade xa que é moi enriquecedora tanto para eles como para nós.

Visita asociación coidado dos burros: A natureza e polo tanto a fauna e a flora e o seu coidado son un pilar fundamental no noso proxecto de centro e queremos achegar aos nenos a esta asociación para darlle visibilidade e aprendan a importancia de conservar a natureza.

Recollida de pilas a contaminación está presente no entorno e un dos elementos mais contaminante son as pilas e baterías queremos ser un punto de referencia na recollida selectiva e reciclaxe, como xa fixemos en cursos pasados.

Colaboración con protección civil na recollida de tapóns solidarios, recollida material para poboado saharauí…

Colaboración co concello de Allariz para limpeza de ríos e espazos naturais.

Concienciar a toda a poboación na recollida selectiva de residuos. Formaremos os nenos para que dan charlas nas asociación de veciños, nas aldeas… que entreguen folletos explicando a importancia das R e así crear miniecoloxistas concienciados.

O Horto escolar e outra maneira de traballar a importancia dun mundo sostible.

4.  O Método ABN

Un curso máis continúa a implantación do Método ABN. A posta en marcha deste importante método no noso colexio supuxo unha innovación sen precedentes. Trátase de que no ensino das matemáticas, un eido tradicionalmente relegado a aprendizaxe memorística e mecánica, o alumando sexa quen de resolver os problemas cunha maior autonomía e liberdade. O seu creador foi o doutor en Ciencias da Educación Jaime Martínez Montero que en cursos pasados acudiu ao noso centro para comprobar de primeira man o traballo do equipo docente de Infantil.

 

5. Proxecto Voz Natura

 

 Adaptación do proxecto “Pasiño a Pasiño faise o camiño” á nova normalidade.

  • #merenda0plásticos: tanto a merenda que traen o cole como a que levaremos ao camiño(non se pode levar a cabo esta parte) pediremos que sexa sen plásticos, non se trata de que tiren as fiambreiras e botellas de plástico(que iso sería peor en todos os sentidos) senón que os que teñan que mercar ou renovar que non sexa de plástico, unha bolsiña de tea, unha cantimplora....e sobre todo que non traian plásticos de un só uso.

Todos aqueles que o consigan pertenceran á familia #0residuos

  • Continuaremos coa “patrulla verde”, trátase de  equipos mixtos de distintas idades(pasaran a ser da mesma aula e sempre os mesmo unha semana, despois lavaremos os chalecos e levaran sempre luvas) que se dedicarán a revisar que todo o mundo tira ó lixo (reciclando) os restos da merenda, que o patio quede limpo e que as papeleiras verdes que temos nas aulas estéanse empregando correctamente.
  • Non esqueceremos a nosa “Horta de Auri” nin o noso galiñeiro que seguiremos coidando por quendas semanais. (Parecenos ainda mais importante nestas circunstancias posto que así os cativos apreoveitan para estar un ratiño ó aire libre)
  • Actividade de compostaxe do concello, seguiremos participando no compostaxe que fai o concello.

 

6. Obradoiro de Xogos Populares.

Esta actividade desenvólvese coa colaboración da CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Nesta ocasión participamos no XV Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais, deseñado principalmente para alumnado de Primaria e Secundaria. O obradoiro realizarase en horario lectivo nunha única sesión de media mañá.

 

7. Plambe de mellora de Bibliotecas Escolares.

 

O CEIP Padre Feijóo continúa un curso máis co Plambe de mellora de bibliotecas escolares. Por este motivo o profesorado de este centro vai a continuar participando nun programa de innovación educativa coa formación de usuarios e dinamización da biblioteca escolar. A tarefa da dinamización da biblioteca escolar esixe Incluír varios tipos de actividades dentro da mesma. Por unha parte, están aquelas que se centran na formación dos seus usuarios que debe ir orientada cara o coñecemento da biblioteca e da función que esta desempeña nun centro escolar e tamén cara ao desenvolvemento por parte dos seus usuarios, dunha serie de estratexias que permitan a obtención de información almacenada en diferentes soportes e o seu uso adecuado. Neste aspecto, a figura do profesor bibliotecario xoga un papel fundamental, como responsable directo dos programas deseñados para a formación dos usuarios. Colaborará estreitamente con todo o profesorado na confección do currículo das materias que se imparten no centro, procurando que nelas teñan cabida actividades relacionadas coa lectura e co uso da biblioteca. Tamén manterá informado ao longo do curso ao equipo de biblioteca e a todo o profesorado en xeral das actividades de formación en bibliotecas escolares e animación á lectura que se desenvolvan (cursos de formación, xornadas, conferencias…) coa finalidade de que o profesorado que realice actividades relacionadas coa biblioteca conte coa motivación e formación suficiente para desempeñalas correctamente. Para a posta en práctica dos proxectos lectores, a biblioteca escolar, é un instrumento imprescindible, que a comunidade escolar debe organizar e dinamizar como un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, de carácter dinámico e en constante actualización. Así entendida, a biblioteca escolar, pode ser un elemento estratéxico para a innovación pedagóxica que axude a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural do centro, proporcionando tanto ao alumnado como ao profesorado a oportunidade para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe. Ademais, sirve de canle para a integración nos centros educativos das tecnoloxías da comunicación que a sociedade vai desenvolvendo, e ofrece a posibilidade de acceso igualitario aos bens culturais, independentemente do estrato económico e cultural de procedencia, actuando como axente de compensación social.

 

8. Circuítos de Educación Vial

 

Esta actividade realízase durante o mes de maio ou xuño polo que se avaliará nese momento a evolución da pandemia e a posibilidade de poder levala á cabo. Esta actividade desenvólvese coa participación da DXT e seguindo nesa liña de colaboración o colexio terá programado, un curso máis, un circuíto de educación vial para os nosos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria e outro para os alumnos de Educación Infantil.

Este circuíto establecerase no patio do colexio de primaria, durante unha mañá do terceiro trimestre. Os alumnos poderán participar no mesmo coas súas bicicletas, triciclos, patíns ou mesmo carros de bonecos e deberán traer casco.

O alumnado de 3º e 4º terá a mesma actividade pero empregando karts eléctricos.

 

9. Actividade da compostaxe

 

Esta actividade ven enmarcada dentro do seminario de conservación do medio ambiente. Coa colaboración do Concello de Allariz e tras recibir o profesorado implicado a correspondente formación pola  asociación ecoloxista Adega están en funcionamento tres composteiros: un no patio de primaria, outro no comedor e finalmente outro no colexio de infantil.

Os alumnos de primaria terán asignada unha semana por curso para recoller os residuos orgánicos da cociña e levalos ao composteiro. A súa vez poden depositar nel toda residuo orgánico procedente das súas merendas da mañá.




RENOVACIÓN DO COLEXIO DE PRIMARIA